Precariedade estudantil nas bibliotecas de Vigo

Ano tras ano, as estudantes da Universidade de Vigo enfrontámonos ao mesmo problema cando chegan os exames: non temos un sitio axeitado para estudar.

A biblioteca de Torrecedeira non ten espazo suficiente para o estudantado durante o período de exames. Tampouco conta cun horario de apertura acorde coas necesidades reais das estudantes con exames. Alén disto, existe unha carencia de bibliotecas públicas na cidade de Vigo que chega a niveis alarmantes, cousa que noutras cidades do país non ocorre.

As bibliotecas públicas acumúlanse no campus de Lagoas-Marcosende, polo tanto só se pode chegar a elas nun limitado horario e contando con moi poucas prazas de transporte urbano.

Por tanto, desde Eguer. Estudantes da Galiza exiximos que a biblioteca de Torrecedeira sexa axeitada á realidade do estudantado de Vigo. Para avalarmos esta demanda fixemos unha campaña de recollida de sinaturas que, posteriormente, presentamos na reitoría. Máis de trescentas estudantes apoiaron esta campaña.

Con esta demanda exiximos a apertura 24 horas ao día en época de exames e a adecuación de máis aulas para aumentae o número de prazas da biblioteca de Torrecedeira. Agardamos que as persoas responsábeis entren en razón e atendan as demandas do estudantado.

Por unha educación pública de calidade!

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *