QUE ESCOLLEMOS AGORA?

Non e a súa pandemia polo coronavirus. Non. O coronavirus, por desgraza, tamén é algo natural. Isto é a súa pandemia polo seu xeito de ver o mundo.
Un xeito baseado na destrución infinita do medioambiente para o crecemento infinito das súas riquezas. Un xeito co que amosan o seu desprezo cara o medio: élles o mesmo, acaban co lobo ou co raposo, co carballo ou co castiñeiro, cas praias ou cas rías, co rural ou cas vilas, co Courel ou ca Ribeira Sacra. É dicir, coa Galiza e co ecosistema mundial, mentres eles poidan seguir gañando o seu ouro. Á nosa costa.

Isto é a súa pandemia. O sistema capitalista é o maior virus da Terra, e non produce outra cousa que destrución e pandemias. Mais nós temos a vacina contra el. Contra quen mata o planeta por cartos. É a vacina da organización, a organización estudantil e de clase, unha organización coa que, xuntas, derrubaremos o virus.

Compañeira, compañeiro, por nós, pola Galiza, pola Terra; organízate e loita! Ergámonos xuntas!

“Pode parecer unha utopía irrealizable, mais o realmente inviábel é seguir por onde imos.” (Biodiversidade. Cara unha sexta extinción masiva. Prólogo de Xosé Veiras. Editorial Catroventos).

COMPARTIR/PARTILHARShare on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *