Sistemas educativos alternativos: Venezuela

Presentámosvos a vindeira palestra-coloquio que realizaremos xunto a Mar de Lumes na Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo: «Sistemas educativos alternativos: Venezuela».

Non podemos aceptar que a LOMCE sexa substituída por un pacto de educación entre as
forzas políticas estatais que, de novo, se realice de costas á comunidade educativa galega e á
realidade diferenciada do noso ensino. Un pacto que perpetúe os principios de privatización,
confesionalidade e españolización da educación é totalmente inaceptábel. Precisamos unha lei
galega de educación que dea plenas competencias á Xunta e que se fundamente na base da
construción dun ensino pedagóxico e que pule pola igualdade de oportunidades e a avaliación
continua. As estudantes queremos ter voz na construción do ensino galego para así rexeitarmos aquelas
medidas impopulares que se aplican en contra dos nosos intereses, como o Decreto do 3+2,
que supón un encarecemento enorme dos estudos universitarios, impedindo que moitas
estudantes poidan permitirse acceder a eles.

É por iso que queremos coñecer alternativas a este sistema educativo imposto no que nos tocou vivir. Para iso, o vindeiro 28 de novembro contaremos coa presenza do cónsul xeral venezolano en Vigo, Martín Pacheco, quen nos falará sobre o sistema educativo do seu país. En Venezuela, a eduación antes da Revolución Bolivariana era privativa, de mala calidade e só chegaba ao 25% de gratuidade. Grazas á revolución, hoxe en día o 76% da educación venezolana é pública, gratuita e de gran calidade. Queremos coñecer alternativas para a creación da Lei galega de educación.

Será o 28 de novembro ás 11:30 no Salón de Graos (aula B3) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará