Soliedariedade con Oliver, Nerea e Sine
O xoves 8 de xuño, terá lugar o xuízo de Oliver, Nerea e Sine. Están acusadas de “desordes públicas”, “atentado contra a autoridade” e “lesións”, enfróntandose a peticións de seis anos para cada unha. O seu suposto delito: participar na manifestación convocada en Vigo por Agir, Comités e a Liga Estudantil Galega con motivo da folga estudantil do 20 de febreiro de 2014.
Erguer. Estudantes da Galiza manifesta a súa solidariedade con estas persoas, esixindo o arquivo desta nova montaxe policial.
Stop represión!
Defender o ensino público galego non é delito!
Foto: Marta G. Brea (Faro de Vigo).
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira