Traballo Social público xa!

Taxas abusivas en continuo aumento que chegan actualmente a 2 538,61 € por curso, desorbitados custes das asignaturas suspensas e problemas de espazo en aulas como a biblioteca ou a sala de estudo son algúns dos problemas que a Asemblea Aberta de Traballo Social denuncia. Esixindo a desprivatización do grao adscrito á USC, comezan cunha serie de mobilizacións, sendo a primeira un peche a noite do 26 de novembro na propia facultade.

Dende Erguer queremos trasladar todo o noso apoio ás estudantes de traballo social, que loitan para que o ensino universitario sexa público e de calidade.

Traballo Social público xa!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará