A USC XOGA COAS ESTUDANTES

Vimos de ver como varios Graos da USC veñen de informar que a totalidade da docencia será de forma telemática.

Isto supón un problema ás estudantes que, terán que adaptarse a este método que, como xa vimos no pasado, conta con moitas problemáticas e barreiras derivadas da fenda social, da fenda telemática e da realidade rural do noso país.

Ademais, a ampla maioría das estudantes xa contan cun contrato de piso asinado para este curso, atopándose agora cunha cantía económica e un esforzo persoal e familiar para asistir a unhas aulas telemáticas.

Sabíase da situación á que nos enfrontábamos no inicio deste ano académico, e tomar este tipo de decisión, sen previo aviso e sen consulta demostra que non se ten en conta as estudantes e que se xoga connosco.

Entendemos que a USC errou e polo tanto reivindicamos a apertura dunhas axudas extraordinarias para os pagos dos alugueiros por parte das estudantes.

Basta de xogar connosco!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará