18 de novembro – Folga Estundantil na cidade de Ourese – S.O.S Ourense

Erguer. Estudantes da Galiza convoca unha folga de estudantes no ensino medio e universitario para o vindeiro xoves 18 de Novembro, enmarcada na convocatoria da plataforma “S.O.S Ourense”. Sumámonos así á mobilización convocada por decenas de colectivos sociais con data nese mesmo día, impulsando esta folga nos centros e facultades da cidade

É inaprazable plantar cara.

Ducias de colectivos sociais, ambientais e culturais unímonos nunha chamada común de auxilio e pedimos a implicación activa da cidade, da provincia e do conxunto do país para virar a situación. É inaprazable plantar cara. Xa non podemos continuar impasibles ante a deriva que nos trouxo á desfeita dos gobernos de Jácome e do Partido Popular.

Impómonos a vontade alegre de traballar na rehabilitación do tecido social e cultural da cidade de Ourense, na desintoxicación por catarse dos seus axentes e das súas dinámicas internas, condicionadas por décadas de clientelismo. Por iso berramos S.O.S Ourense e invocamos e convocamos o amor pola cidade.

Xuntámonos porque Ourense esmorece nunha fonda crise social, ambiental e cultural:

  • Contra unha política urbanística ao servizo da especulación e do interese duns poucos.
  • Contra a degradación do medio natural, a privatización do espazo público e a perda de símbolos da cidade como as zonas termais públicas.
  • Contra o desmantelamento, abandono e baleirado de sentido de infraestruturas e institucións culturais  (centros cívicos, locais de ensaio,  Casa da Xuventude, Auditorio Municipal, Museo Municipal, Universidade Popular e un longo etcétera) e por unha política cultural que nega o papel central e transversal da cultura na creación de comunidade.
  • Contra a xestión clientelar dos recursos públicos, centrada no mercadeo de vontades mentres a provincia e a cidade se sumen no despoboamento e no abandono.
  • Contra a ausencia de políticas eficientes en materia de igualdade, de cultura, de  emprego, de mocidade, de sostibilidade, de accesibilidade, de respecto ambiental e de integración social.

As estudantes como parte da cidade debemos defender o noso futuro, fronte a esta triple crise.

É imperioso darlle a volta á desmobilización e á incapacidade de resposta na que nos teñen. O que acontece en Ourense é vergoñento, e as estudantes como parte da cidade debemos defender o noso futuro, fronte a esta triple crise. Merecemos unha cidade mellor, e o primeiro paso é mobilizarnos para conquistala.

Por isto, chamamos ás estudantes a realizar folga durante todo o día 18, e asistir ás mobilizacións convocadas polo colectivo SOS Ourense

A mobilización será o xoves 18, ás 19:30h, saíndo da Subdelegación do Goberno.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará