25 Abril. Das aulas ás rúas,pola defensa do noso ensino!

Entre as resolucións da nosa V asemblea nacional estaba o compromiso de ERGUER de recuperar a mobilización estudantil. Isto materialízase hoxe co anuncio da convocatoria de folga en todos os niveis do ensino para o vindeiro 25 de abril.

Sobran os motivos. Dende a pandemia do covid a situación do estudantado galego non fixo máis que empeorar. Non podemos aturar máis o constante avance privatizador no ensino, que atenta sobre o noso dereito á educación. É preciso defendermos os nosos intereses, defender o ensino público.

O estudantado universitario tivo ver como se aprobaba, dándolle totalmente as costas, a nova Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU). Deixandonos unha universidade máis antidemocrática e opaca, subordinada ás exixencias do mercado e permitindo a intromisión da empresa privada na universidade pública. Institucionalizando e limitando os dereitos das estudantes. Ademais de deixar fóra cuestións fundamentais como a lingua, as prácticas remuneradas ou o acceso á universidade.

En canto ao ensino medio dende a LOMCE e agora coa LOMLOE perpetuase un sistema elitista que favorece aos centros concertados-privados, que afasta as estudantes do galego e da nosa realidade nacional e que limita o pensamento crítico.

Levamos anos vendo como se fomenta a FP dual, que non é máis que a privatización encuberta da FP, creada para xerar man de obra aínda máis barata e que retrocede en dereitos para as estudantes en prácticas.

Un exemplo claro do avance das políticas privatizadoras do ensino e a autorización para a creación da primeira universidade privada no noso país, da man de Abanca. Isto provocará unha maior elitización do ensino universitario e facilitará, aínda máis, a intromisión de empresas privadas no noso ensino.

O acceso ao ensino superior e un dos factores nos que está a afectar a actual suba de prezos ás estudantes. Faltan medidas que garantan o noso dereito a educación como o aumento de prazas nas residencias públicas, unha suba nas bolsas para que cheguen a tas as estudantes que as necesitan e cubran realmente as necesidades do curso, así como o fin das taxas universitarias.

Todos os sectores do ensino están a verse afectados por esta vaga privatizadora e centralista, por iso é necesario que pasemos á acción na defensa dos nosos intereses. Estamos fartas xa da situación e de que o mercado xogue co noso futuro, e por iso debemos actuar non só nas aulas, senón tamén nas rúas. Dende Erguer temos claro que a única solución para garantir un sistema educativo que se adapte ás necesidades do estudantado galego é a aposta por unha Lei Galega de educación. O ensino no noso país é profundamente desgaleguizador e colonial. Unha Lei Galega de Educación deseñada pola comunidade educativa é a oportunidade para construír un modelo distinto, pensado por e para as estudantes galegas.

Por todos estes motivos e coa intención de recuperar a capacidade mobilizadora que o estudantado sempre tivo; comezaremos a traballar desde o día de hoxe na campaña de folga, que culminará coas distintas mobilizacións do 25 de abril, que serán anunciadas nos vindeiros días.

Dende Erguer animamos a todo o estudantado a organizarse e mobilizarse nas súas vilas ou cidades.Este 25 de Abril, saímos “Das aulas ás rúas, pola defensa do noso ensino!”

Un comentario

  1. Hola,
    Soy el delegado de mi clase en un instituto de A Coruña.Nuestra tutora nos ha dicho que tenemos que presentar un documento que justifique que hay huelga ese día.
    ¿Podrías publicar ese documento en la web?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *