8M – Rachar coas cadeas do patriarcado comeza na educación

Este 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, como cada ano, as estudantes estamos chamadas a mobilizarnos contra as numerosas opresións que tanto nas aulas como fora delas nos impón o sistema patriarcal.

Rachar coas cadeas do patriarcado comeza na educación:

Para acabar coas violencias machistas precisamos urxentemente educar en igualde e diversidade

Polo simple feito de sermos mulleres, as estudantes, seguimos a ter que aturar o acoso machista de profesores e compañeiros, así como a discriminación sistémica que establece barreiras e teitos á hora de cursar determinadas carreiras ou ascender no ámbito académico.

A maiores, todo isto trasládase ao eido laboral: tampouco accedemos a un traballo en condicións de igualdade cos homes, a pesar da nosa formación; sufrimos acoso sexual no traballo e temos un menor recoñecemento e acceso a postos de poder. Iso sí, continuamos sostendo os coidados non remunerados, tanto a carga de traballo como a carga psicolóxica.

As mulleres continuamos invisibilizadas no ensino de forma sistemática. É preciso estudarmos o noso papel na historia, non relegada a un engadido ao temario ou desde un rol de subordinación ao home. É necesario incluir unha perspectiva de xénero como competencia transversal nos currículos educativos.

A educación afectivo-sexual segue a estar ausente nos nosos centros, negando ao estudando a posibilidade dunha correcta formación. Para acabar coas violencias machistas precisamos urxentemente educar en igualde e diversidade, fronte ás mensaxes machistas que de continuo recibimos dende a sociedade.

Construíndo desde a organización o ensino que reclamamos

Desde Erguer. Estudantes da Galiza, reclamamos o dereito a un ensino antipatriarcal, que combata activamente a nosa discriminación no eido estudantil. Un ensino laico, que non financie con cartos públicos os centros educativos nos que se discrimina ás mulleres. E unha sociedade libre de machismo e discriminación.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará