Boicot ás reválidas en 4º da ESO!

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, á cal pertencemos, fai un chamamento a continuar coa práctica do boicot ás reválidas de fin de ciclo, neste caso as que se van efectuar a finais deste mes de maio en centros de secundaria de Galiza.

A loita contra as reválidas nestes cursos pasados causou como reacción un auténtico exercicio de cinismo por parte de Consellaría e chega este ano xa ao absurdo de insistir, posto que os resultados electorais da pasada fin de semana deixan claro o fin da LOMCE.

Esiximos o fin destas probas, que ademais de dilapidar unha cantidade inxente de cartos, tan necesarios na contratación de persoal, bolsas ou en calquera outro gasto relacionado co ensino no noso país, buscan un ensino onde a avaliación continua e un plan integral de ensinanza sexan reemplazados por un modelo neoliberal de ensino, un modelo elitizado e onde existen materias de primeira e de segunda, segundo o que o mercado demande.

Após as eleccións do pasado domingo, esixímoslle ao goberno español a retirada da LOMCE na súa totalidade, e emprazamos á sociedade educativa galega, a loitar pola consecución unha Lei Galega de Educación, un novo marco legal no ensino, que atenda específicamente ás realidades socioeconómicas de Galiza e que sexa quen de dar resposta ás problemáticas das estudantes, tendo como piar fundamental un ensino integral, totalmente público, científico, galego e feminista.

Desde Erguer. Estudantes da Galiza seguiremos loitando e organizando ao estudantado galego para facer fronte ás políticas neoliberais, españolizadoras e elitistas como o é a LOMCE.

Neste mes de maio non asistas ás probas, boicot ás reválidas!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará