As estudantes galegas sufrimos constantes situacións precarias para podermos desenvolver a nosa formación a través do ensino público. O desleixo por parte das institucións cara a calidade do ensino galego provocou condicións daniñas comograndes ratios, aulas masificadas, perda de horas de ensino na nosa lingua… Perante a situación de pandemia que vivimos, estas condicións prexudiciais víronse acrecentadas. Atopámonoscon servizos públicos de transporte que non garanten a nosaseguridade, aulas que non permiten estabelecer as distancias de seguridade recomendadas ou falta de medidas por parte da…