


Organizadas por un ensino público e de calidade!
Ensino público. Temos ouvido esta expresión decenas, talvez centenas, de veces durante o noso paso pola escola. Mais realmente, que significa un “ensino público”? Por definición entendemos que un Ensino público é aquel cuxa xestión é feita polo estado. Aquel…
Erguer apoia as reivindicacións da asemblea aberta do Campus Sur
Erguer manifesta o seu apoio ás reivindicacións da asemblea aberta do Campus Sur da USC e fai un chamamento á participación na mesma. Así, Erguer esixe: A aposta polo software libre e, no seu caso, a adquisición de todas as…
Traballo Social público xa!
Taxas abusivas en continuo aumento que chegan actualmente a 2 538,61 € por curso, desorbitados custes das asignaturas suspensas e problemas de espazo en aulas como a biblioteca ou a sala de estudo son algúns dos problemas que a Asemblea…
“Día de la Raza”: nada que celebrar
Hoxe, 12 de outubro, xornada na que o imperialismo español celebra o Día de la Raza ou Día de la Hispanidad, sete organizacións estudantís de diferentes nacións oprimidas polo Estado español publicamos o seguinte comunicado conxunto: Día de la Raza:…
Erguer rexeita a presenza na USC dunha exposición do Exército español
Erguer rexeita a presenza na USC da exposición “O legado científico das Forzas Armadas en Galiza e dos galegos pertencentes ás Forzas Armadas”. Inaugurada onte, 10 de outubro, permanecerá no Claustro Alto do Colexio de Fonseca ata o día 30.…
Festa estudantil en Vigo
Erguer organiza unha festa estudantil en Vigo. Será este venres, 5 de outubro, no centro social Revolta (rúa Real, 12). Na mesma contaremos con Nico Doldán, O Leo Arremecághona e Oldogs. Haberá, tamén, pinchada —a cargo de Sapoconcho sem Poncho—…
ESADG: unha vez máis, a loita do estudantado dá os seus froitos
Após tres días de folgas e concentracións en Compostela, Pontevedra e Vigo, a Xefatura Territorial aceptou algunhas das demandas do alunado e profesorado da ESADG (Escola Superior de Arte Dramática de Galiza): Restitución da metade do profesorado que fora eliminado…
Laureano Oubiña e SFL fóra da USC!
Erguer manifesta a súa total oposición á presenza de Laureano Oubiña na USC, que non pode ser tolerada. A organización liberal SFL (Students for Liberty) organizara unha “entrevista-coloquio” co (ex)narcotraficante, que tería lugar este xoves, 4 de outubro, na Facultade…
Erguer, co estudantado catalán
Erguer saúda ao estudantado catalán, que hoxe vai á folga baixo o lema “1-O. Ni oblit, ni perdó! Construïm la República”, e ás organizacións Universitats per la República e SEPC (Sindicat de Estudiants del Països Catalans). Manifestamos a nosa solidariedade…
