Comunicado da ANAF perante unha agresión machista en Cambre

Este pasado luns deuse un novo caso de agresión machista. Desta vez foi no concello de Cambre, onde unha moza foi secuestrada, violada e agredida fisicamente pola súa exparella. A día de onte ela atopábase ingresada e el aínda nom pasara a disposición xudicial.

Cada día podemos atopar este tipo de noticias nos xornais nacionais e internacionais, así quedamos fartas de repetir que nom son casos illados, senón que existe un sistema de dominación de un xénero por outro: o patriarcado.

Vémolo claramente neste caso, cando unha muller deixa a un home e este, non podendo ter o control sobre ela, a secuestra para demostrar como si o ten, como como home ten lexítimo poder sobre a muller e a sua sexualidade e non permite que este lle sexa substraído.

É sintomático que os casos de violencia machista nom viñeron senón aumentando, con un pasado ano que nos deixou a maior taxa de asasinadas por esta causa desde que o IGE nos ven facilitando este tipo de datos (1999).

Aínda así, sabemos que o machismo non só son estes casos máis visíbeis ou que mais se nos deixa ver, que sonaqueles máis explícitos e que se relacionan con violencia, senon todas aquelas agresións que se nos ocultan como tal, que nos instan a que permanezan invisíbeis e que quedan no simbólico, cando son outra manifestación máis de un sistema que nos condena no momento de nacer. A penas podemos imaxinar que cada unha destas agresións puidese ser visibilizada por xornais ou telediarios, pois son continuas na vida de cada muller no mundo, non é tamén iso sintomático?

Contra cada morte e agresión por violencia machista, as mozas de Erguer non ficamos caladas e loitamos con todos os nosos medios desde a concienciación do estudantado.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará