COMUNICADO FRONTE A AGRESIÓN HOMÓFOBA EN COMPOSTELA

Como berramos o pasado 29 de marzo, “respectade a existencia ou esperade resistencia”. Onte vimos como na nosa cidade se deu unha nova agresión homófoba. Non é un caso illado. É o resultado da normalización do odio que o fascismo e a ultradereita instalan na nosa sociedade.

Hai apenas unha semana, manifestabámonos exixindo melloras nos protocolos contra as violencias machistas e lgbt+fóbicas. Xa entón vimos persecución e violencia contra quen se organiza e defende os dereitos das vítimas. Esta é a realidade na que vivimos. 

ERGUER. Estudantes da Galiza posicionarase sempre en repulsa á violencia lgbt+fobica, en todos os contextos. Pois non, este caso non aconteceu nunha aula ou centro de estudo, mais é clara a relación entre este tipo de violencia e a perpetuación e permisión dos discursos de violencia no ensino. 

Mentres non erradiquemos de todas as aulas o odio e o fascismo, mentres se siga poñendo en cuestión a necesidade dun ensino inclusivo que defenda os dereitos de todas as persoas, non acabaremos coa súa violencia. 

Por iso nos organizamos as estudantes galegas. Por unha ensino en igualdade, que eduque tamén na loita contra aqueles que queren negar os nosos dereitos.

 

As estudantes da Galiza enviamos todo o noso apoio á vitima

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *