Hoxe voltamos a ser testemuñas dunha agresión imperialista dos Estados Unidos de América. Esta vez, ca República Islámica do Irán como obxectivo.
Os EUA e o estado ilexítimo de Israel realizaron unha serie de ataques inxustificados, bombardeando localizacións chave nun novo intento por destruír o país. En apenas unhas horas, estendeuse unha narrativa falsa en favor dos intereses americano-sionistas, terxiversando a realidade e sinalando o Irán como o agresor a través dos medios tradicionais de comunicación.
Non é a primeira vez que o imperialismo intenta agredir o pobo iraniano, nin a primeira que as mentiras son a súa principal arma para xustificalo. Igual que non había armas de destrución masiva no 2003 no Iraq, tampouco hoxe no Irán. Non é máis que a agresión do imperialismo contra quen ameaza os seus intereses.
As Estudantes da Galiza organizadas en Erguer rexeitamos todos os ataques do imperialismo. Defendemos o dereito á autodeterminación e a soberanía de todos os pobos. A liberdade non existe cando domina o imperio.
Asinado, o Consello Nacional de Erguer.Estudantes da Galiza

