Comunicado sobre a paralización da LOMCE polo Congreso

Desde Erguer. Estudantes da Galiza amosamos a nosa disconformidade coa tramitación  parcial da paralización da LOMCE no Congreso dos Deputados, quedando pendente de posterior ratificación. Consideramos este primeiro avance como insuficiente para unha lei que ignorou, desde a súa imposición por parte do PP, ao conxunto da comunidade educativa que segue a pular pola súa inmediata derrogación.

 

Neste falso avance da  democracia e perda de calidade continúan os ataques ao ensino, ditados tanto  pola Unión Europea como polo estado español, que nos presenta a imposición dunha nova reforma educativa, o Decreto 3+2. Este  decreto  foi aprobado polo Consello de Ministros do Goberno do Partido Popular en 2015, e forma parte da Estratexia Universitaria 2020, un novo plan que procura a mercantilización da universidade pública, conducíndonos a un ensino cada vez máis precario e elitizador. A LOMCE vén a completar no Ensino Medio esta serie de reformas que camiñan cara á privatización da ensinanza.Por isto, entendemos a esta paralización como unha medida para a galería, que non implica a derrogación nin da LOMCE nin do Decreto 3+2.

 

Contra a privatización do ensino animamos a todo o estudantado galego e ao conxunto da comunidade educativa a baleirar as aulas para saír masivamente ás rúas o vindeiro 13 de abril. Poñamos fin ás imposicións españolas e europeas!

 

Loitemos por un ensino público, popular, galego, científico, democrático e antipatriarcal!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará