Comunicado perante a folga do14N

Este día 14 de novembro está convocada unha folga por parte do Sindicato de Estudantes co suposto obxetivo de acabar co sexismo nas aulas. Fronte a esta información dende Erguer. Estudantes da Galiza decidimos non secundar a folga por dous grandes motivos:
A forma na que foi convocada: como de costume contra estas datas de inicio de curso o SE convoca a súa folga rutineira. Unha vez máis fano sen ter en conta a nosa realidade nacional e, dunha forma completamente cetralizadora e españolista, chaman á rúa ás estudantes tomando a decisión dende Madrid sen poñer esta proposta en común co resto dos axentes do movemento estudantil que actúan no noso país. Convócase a folga sen realizar un traballo previo nos centros de ensino e sen escoitar ás estudantes galegas, o que conleva a xornadas cun efecto máis ben desmobilizador no movemento estudantil.
Dende Erguer. Estudantes da Galiza sempre pulamos por deseñar un calendario propio galego que atendera unicamente ás nosas necesidades e aos nosos ritmos como sociedade, e non ás intencións de ningunha organización estatal.
O motivo da folga: a razón que se dá por parte do SE como motivación e reivindicación principal da folga é o “sexismo nas aulas”. Esta reivindicación non é casual se non todo o contrario. É unha forma de apropiación do movemento feminista para beneficio propio do SE atendendo ao momento político actual. Desta maneira esta folga preséntase como unha apropiación oportunista que ademais se leva a cabo sen contar co movemento feminista nin cos seus axentes.
En Erguer. Estudantes da Galiza pensamos que o calendario e as accións da loita feminista deben responder só á vontade e análise das organizacións que a forman. E non á de ningunha organización estudantil e moito menos estatal.
Por estes motivos dende Erguer. Estudantes da Galiza consideramos esta folga españolista, oportunista, que se apropia da loita feminista e centralizadora. Un exemplo máis das folgas que cada ano nos brinda o SE coa única finalidade de coartar por completo o movemento estudantil e privalo de actividade e de contido, ademais da clara vontade de eliminación da actividade propia das organizacións nacionais das nacións sen estado.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará