Comunicado perante as acusacións a un compañeiro
Con razón do machismo presente nas organizacións actuantes na Galiza, Erguer. Estudantes da Galiza quere facer públicas as seguintes conclusión acordadas na Asemblea Nacional de Acción Feminista.
Ante o altercado sucedido na noite Compostelá do 8 de Xuño entre activistas do movemento feminista, e posteriormente persoas organizadas en Xeira, nas redes sociais publícase un comunicado realizado por unha moza non organizada denunciando unha serie de actitudes machistas por parte de un compañeiro de Erguer, que definían como alentador do conflito.
Após a publicación deste comunicado, foi trasladado o caso á ANAF. Este organismo mantivo contacto inmediato tanto coa autora do comunicado como co compañeiro acusado, ademais de cunha serie de posíbeis testemuñas e coas denunciantes, sumando un total de 10 persoas. Foi convocada Asemblea de Zona de Acción Feminista para ese mesmo luns. Após expoñer toda a información recolectada na AZAF, algúns testemuños resultaron difusos ou pouco concretos, polo que decidimos reunirnos de novo dous días despois, volvendo contactar con elas para aclarar os feitos.
Desde a Asemblea Nacional de Acción Feminista de Erguer queremos expresar a nosa máis firme repulsa cara as actitudes machistas mantidas durante esa noite por certos homes. No mesmo, vémonos na obriga de aclarar a situación unha vez escoitado o conxunto das testemuñas nas que se incluían versións tanto de ambas as partes como de persoas alleas ao conflito, puidemos concluir que o conxunto da acusación inicial cara o noso compañeiro resultou ser falsa.
Esta acusación consistía en dúas agresións: liderar un grupo de homes que dirixiu insultos machistas cara estas mulleres e “propasarse e babosear” a unha delas. En canto á primeira, a totalidade das declaracións negaban telo escoitado pronunciar comentarios misóxinos así como alentar a outros homes a que os fixesen, senón que relataban a vontade do compañeiro por reducir e calmar a tensión do momento.
No correspondente á da segunda das agresións, esta foi desmentida pola propia muller que nunha primeira instancia o denunciara, negando ademais que se producira ningún tipo de contacto físico entre ela e o noso compañeiro, trasladando apenas incomodidade no transcurso da conversa que se estaba sucedendo, reducindo a súa acusación a unha agresión verbal.
Encontramos moi difícil dilucidar o acontecido tendo dúas versións contraditorias, xa que, aínda que a conversa tivo lugar en todo momento en público e con máis persoas preto, é posible que ninguén das presentes escoitase os comentarios que fundamentan a acusación. De todos os xeitos, parécenos importante destacar que as dúas únicas declaracións que falan desta agresión non coinciden coa grande maioría de versións en canto á actitude que mantivo o noso compañeiro ao longo do conflito.
Desde a ANAF lamentamos tamén que se produciran acusacións tan graves sen ter unha seguridade maior sobre o acontecido, recoñecendo a propia redactora do texto que non é quen de identificar ao noso compañeiro nin de aclarar que accións ou actitude levou a cabo durante esa noite. Consideramos, pois, que este tipo de acusacións, infundadas, inexactas e lanzadas cunha clara intencionalidade política, perxudícanos ao conxunto das mulleres deslexitimando as nosas voces á hora de relatar agresións machistas.
Este tipo de accións enmárcanse dentro de un claro ambiente de inseguridade que se vive en Compostela desde a denuncia pública de unha violación por parte do anterior Secretario Xeral de Xeira a unha militante desa organización, asi mesmo do silencio cómplice e encubrimento por parte desta organización ante o coñecemento do caso e de unha investigación orquestrada, carente de garantías de ningún tipo. Desde ese momento as persoas denunciantes e que públicamente loitan por condenar e eliminar este tipo de comportamentos e agresións sufriran acoso por motivos políticos, persecucións e incluso agresións tanto verbais como físicas, estando entre elas membros da nosa organización.
Desde Erguer entendemos que estas agresións perpetradas por militantes de Xeira, así como acusacións á propia vítima, tildándoa de “chivata”, son actitudes claramente machistas e non poden ter cabida no activismo xuvenil ou estudantil, e condenámolas terminantemente. Por iso mesmo, desde a ANAF entendemos que estas actuacións contradín os principios feministas de Erguer, non teñen cabida dentro da nosa organización e sempre nos posicionaremos en contra delas, condenándoas e continuando no traballo para erradicar o machismo non só da sociedade, senón de dentro das organizacións.
Non estiven presente e non podo aportar máis dados dos que xa tedes, pero xa só vendo os termos utilizados para acusar: “liderar un grupo de homes que dirixiu insultos machistas”, “propasarse e babosear”, na miña opinión vese claramente unha intencionalidade en exaxerar a situación, xa que no se especifican comentarios textuales e feitos concretos, utilizando no seu lugar termos abstractos como “babosear” ou “propasarse”, que están abertos a varias interpretación.
Aclaro de antemán que non formo parte desta asociación nin teño relación con ningunha das partes implicadas, pero paréceme a correcta a actuación de Erguer, consultando ás partes implicadas e testemuñas antes de tomar una determinación, o que algunhas son partidarias, de atribuir presunción de culpabilidade a partir dunha denuncia paréceme regresar aos tempos da Inquisición. Din que as denuncias falsas son anecdóticas pero só no meu entorno o que vexo é que non (tanto de homes coma de mulleres).
Coido que antes de facer unha denuncia pública (xa que isto rompe a posibilidade de diálogo previo), nestes casos deberían falar as persoas implicadas e pedir disculpas se hai actitudes molestas ou machistas, xa que estou seguro de que ni un ni a outra querían que se chegase a esta situación.