Comunicado sobre o resultado das eleccións a claustro da USC
Onte tiveron lugar as eleccións ao claustro da Universidade de Compostela, ás que desde Erguer. Estudantes da Galiza presentabamos a varias candidatas en diversas facultades. A xornada de eleccións, na que o estudantado da USC participou para tratar de ter voz nos órganos de goberno da universidade, traduciuse nun gran apoio á candidatura de Erguer, que acadou trece representantes no claustro.
O compromiso da nosa organización é levar as reivindicacións do estudantado ás institucións, para podermos unilas á loita na rúa e así estarmos presentes defendendo os dereitos do estudantado galego en todas as frontes.
Agora quedan dous anos de duro traballo no claustro da USC por unha universidade pública, galega, democrática e antipatriarcal.
Xuntas pola universidade pública!
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira