CONTRA O MACHISMO INSTITUCIONAL, ENSINO ANTIPATRIARCAL!

Hoxe, seguimos a ser vítimas da pasividade crónica das Institucións ante as violencias machistas. Nin a Xunta nin a Consellería de Educación son alleas a esta problemática que se estende aos centros de ensino de todos os niveis.

Lonxe de atallalas, o sistema educativo perpetúa as violencias machistas en todas as súas formas. Un exemplo flagrante disto é o caso do profesor da USC Luciano Méndez, coñecido acosador sexual que despois de violentar a varias alumnas poido incorporarse ao seu posto de traballo sen ningunha consecuencia, con total liberdade para volver a exercer violencia sobre as estudantes. Isto demostra un claro fallo á hora de protexernos ás estudantes, non queremos sentirnos inseguras nos nosos centros de ensino.

Fronte a isto, son necesarios protocolos de actuación eficaces e adaptados a todos os niveis educativos, que non queden simplemente no papel e se apliquen sempre que sexa necesario. Tamén é preciso que existan métodos de prevención para evitar a exposición de calquera estudante á máis mínima situación de violencia. O ensino debe funcionar como unha ferramenta liberadora, que eduque no feminismo e na igualdade, e non como un instrumento máis do patriarcado para perpetuar o machismo.

Por todo isto, desde Erguer. Estudantes da Galiza chamamos a todas as estudantes a mobilizarse este 25N, polo noso dereito a un ensino libre de violencia e de machismo.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará