Crónica da nosa I Asemblea Nacional

Onte, día 8 de abril, Erguer. Estudantes da Galiza celebrou a súa I Asemblea Nacional na Residencia Universitaria Monte da Condesa (Compostela), baixo o lema “A organización do estudantado, ferramenta de futuro”. Nela culminouse un importante proceso de debate que tivera lugar nas distintas comarcas do país durante estes meses. A través da actualización nos nosos textos, adaptamos a nosa táctica e renovamos a nosa análise sobre o noso sistema educativo e sobre o movemento estudantil, para seguir organizando ao estudantado galego na loita por un ensino de noso.

Tamén pasamos a escoller o noso novo Consello Nacional, que pasa agora a estar constituído polas seguintes persoas: Iria Figueroa, María Bará, André Vidal, Nerea Edreira, María Seijas, Diego Tristám, Jurjo Diz e Élia Lago.
COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Un comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará