Denunciamos a denegación dun aula en medicina para unha palestra feminista
Para hoxe, xoves 8 de febreiro, as compañeiras da asemblea de Erguer histórico, organizamos un acto sobre a liberación dos tabús femininos.
Este acto estaba programado na FACULTADE DE MEDICINA, pero a escasas horas do acto, as compañeiras recibimos un correo no que o DECANATO da mesma FACULTADE non concedía a aula na que se ía celebrar, aludindo a que este acto “non tiña intereses científicos”.
Dende Erguer. Estudantes da Galiza, denunciamos que aparte de non ceder o espazo a un acto organizado por unha organización estudantil, que se avisara con menos de 24 horas de antelación e que non se considere de interese científico para o estudantado a sexualidade feminina.
Ante isto, non nos van parar, polo que decidimos seguir coa celebración do acto no Hall da mesma facultade de Medicina, no que conseguimos xuntar un bó número de persoas interesadas en cuestións da sexualidade feminina.
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira