Dignidade para as presas independentistas!
Onte estivemos fronte a facultade de Políticas reclamando unhas condicións dignas para as presas que queren estudar. Na cadea non cesan as limitacións para a continuidade dos estudos das presas independentistas, dende prezos inaccesíbeis para conseguir material académico, pasando pola imposibilidade de cursar mestrados e chegando a pór sancións retirando o dereito a exame.
Dende Erguer. Estudantes da Galiza esiximos que cese o abuso autoritario contra as presas independentistas e que poidan continuar os seus estudos con normalidade.
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira