Dimisión do equipo directivo do IES Xunqueira II
Nas últimas horas chegou ao coñecemento da nosa organización a noticia da gran vitoria que tivo o movemento estudantil no IES Xunqueira II ao comunicarse a dimisión do equipo directivo.
Todo comezou á hora de plantexar a matrícula de segundo de bacharelato na que obrigaban ao alumnado a escoller a materia de grego si ou si. Erguer estivo nese centro na concentración que fixeron, tivemos unha asamblea e levamos unha proposta feita entre o alumnado e as compañeiras alí presentes ao equipo directivo; conseguimos que a proposta se aceptara prácticamente e a súa vez que a matrícula se puidera facer mellor.
Fai unha semana, sacábamos un comunicado no que contábamos o acontecido o pasado venres 26 de maio entre o alumnado de segundo de bacharelato e o equipo directivo.
Hoxe chegounos a nova de que o equipo directivo pediu a súa dimisión. Todo isto no medio dun entorno no que non só había problemas co alumnado, senón tamén co profesorado e inclusive coa ANPA.
Dende Erguer queremos mostrar o noso agradecemento a todo o alumnado que decidiu mobilizarse e organizarse ata conseguir que a dirección dimitise. A súa vez, cabe dar as grazas tamén a todas aquelas profesoras e profesores que mostraron o seu rexeitamento ao equipo directivo e deron o seu máximo apoio ao alumnado. Esta é unha nova vitoria para o movemento estudantil, seguiremos loitando por un ensino democrático, antipatriarcal e sen violencia nin actitudes machistas.
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira