ELECCIÓNS A CLAUSTRO E REITORÍA NA UNIVERSIDADE DE VIGO 2026

O próximo 6 de maio celébranse as eleccións a Claustro e Reitoría da Universidade de Vigo e Erguer. Estudantes da Galiza chama ao estudantado da UVigo a decidir que futuro quere.

Que non decidan por nós

Só as estudantes organizadas seremos capaces de defender os dereitos do estudantado, esta máxima que semella moi simple é importantísima para entender porque é preciso que Erguer estea nas institución universitarias, tamén da UVigo.

Actualmente a Universidade de Vigo atópase nunha situación crítica con varias crises simultáneas, descontrol dos espazos, falta de residencias, falta de democracia, estancamento nos distintos proxectos, infrafinanciación, conflitos laborais, etc. Isto nun mundo onde a autoorganización e a loita conxunta se demostra cada vez máis necesaria fronte o avance do imperialismo e do neoliberalismo que ameazan os nosos dereitos. 

Neste contexto vemos como a voz do estudantado non é tida en conta, como os organismos de representación están coptados por quen ten intereses ocultos contrarios ás estudantes ou por quen non quere que haxa un ensino galego público de calidade. 

Para evitarmos sermos representadas por quen actúa por intereses persoais ou en contra do estudantado, non podemos ficar caladas. É importante que as estudantes loitemos polos nosos dereitos, cómpre non deixar que decidan por nós. Por iso en Erguer. Estudantes da Galiza lanzamos 6 candidaturas en 6 centros para sermos as estudantes as que decidimos.

Candidatas:

Iria Rodiño pola Facultade de Belas Artes

Sixtina Canabal pola Facultade de Dirección e Xestión Pública

Marta Buenadicha pola Facultade de Ciencias do Mar

Uxía Pérez pola Escola de Enxeñaría Industrial

Martín Cernadas pola Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións 

Noa González (xa electa) pola Facultade de Química

Ademais apoiamos a candidatura de:

Nerea Cazás pola Facultade de Bioloxía

 

O noso programa

Achegamos aquí o noso programa en pdf e unha lista de puntos co que lle reclamamos á futura reitoría.

Se queres comentar calquer cuestión, facer calquer achega, non dubides en contactarnos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *