Erguer apoia a manifestación antitouradas de Pontevedra
Erguer fai un chamamento á participación na manifestación antitouradas que este sábado, 10 de agosto, percorrerá as rúas de Pontevedra. Convocada pola plataforma Touradas fóra de Pontevedra, o protesto sairá ás 20:00 da praza da Peregrina.
Esiximos a desaparición da excepción na Lei de Protección Animal galega que fai que as touradas, consistentes na tortura animal, todavía existan no noso país. Tamén a fin de calquera tipo de colaboración das institucións públicas con este tipo de eventos, animando aos Concellos galegos a declararse “Concellos antitouradas”.
Demandamos a supresión do convenio que o Concello de Pontevedra ten co empresariado taurino. Tamén que se prohíba a pegada de carteis nos que se publicitan estes actos de tortura.
Touradas fóra de Galiza!

Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira