Erguer apoia a Marcha às Cadeias

Erguer fai un chamamento ao estudantado galego, e ao pobo traballador en xeral, á participación na XII Marcha às Cadeias, que terá lugar o sábado 21 de abril.

Organizada por Que Voltem à Casa!, o obxectivo da convocatoria é denunciar a dispersión penitenciaria aplicada ás presas independentistas galegas, levando a solidaridade ata onde o Estado español as ten secuestradas por loitar consecuentemente pola liberación nacional e social de Galiza.

Erguer denuncia a ilegal e inhumana dispersión penitenciaria, vulneración de dereitos que sofren tanto as penadas como as súas familias e amigas, que teñen que soportar un gran desgaste físico e psicolóxico, así como elevados gastos económicos.

Esiximos a posta en liberdade inmediata das presas independentistas galegas. Tamén a do resto de presas políticas, tanto de Galiza como de outros pontos do Estado español. Ademais, reclamamos a amnistía para todas as represaliadas políticas.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará