Erguer apoia a marcha contra Celulosas

Erguer fai un chamamento ao estudantado, e ao pobo traballador galego en xeral, á participación na marcha contra Celulosas que terá lugar este deste domingo, 16 de xuño. Convocada pola APDR (Asociación pola Defensa da Ría), a manifestación sairá ás 12:00 das Alamedas de Pontevedra e de Marín.

Ao igual que fai un ano, esixímoslle ao PSOE que cumpra a sua palabra e anule a prorrogación de 60 anos concedida polo PP en 2016. Máis unha promesa incumprida por ese partido antiobreiro e antigalego que segue, após catro anos cunha maioría parlamentaria que permite facelo, sen derrogar a Lomce, a lei mordaza ou a reforma laboral.

Denunciamos, tamén, o papel dese sindicato amarelo chamado “Comisiones Obreras” no conflito: máis unha vez, do lado da patronal e contra a clase obreira galega. Porque non, a presenza de ENCE na ría de Pontevedra non é un “motor” para a economía da comarca, senón o contrario: impide a explotación racional da ría e do monte.

Por último, non podemos rematar este comunicado sen recordar a que talvez sexa a máis nefasta consecuencia de ENCE para o país: a eucaliptización, e, derivada desta, os lumes que todos os anos golpean Galiza.

Celulosas fóra da ría!
ENCE fóra de Galiza!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará