Erguer apoia as reivindicacións da asemblea aberta do Campus Sur
Erguer manifesta o seu apoio ás reivindicacións da asemblea aberta do Campus Sur da USC e fai un chamamento á participación na mesma.
Así, Erguer esixe:
- A aposta polo software libre e, no seu caso, a adquisición de todas as licenzas informáticas que sexan precisas para os nosos estudos.
- A mellora das instalacións (tanto das facultades como do campus): novos computadores, mellora do WIFI, accesibilidade…
- A gratuidade dos estudos no CLM (Centro de Linguas Modernas).
- A inmediata expulsión de todos os profesores machistas, homófobos, racistas e fascistas: Luciano Méndez, Roberto Blanco Valdés, Celestino García Arias, Miguel Caínzos López…
- O fin da presenza da Policía española na USC. Aliás, o Reitorado non pode tolerar que esta forza de ocupación entre em nengunha facultade durante un protesto, como aconteceu nas últimas folgas.
- A saída das entidades bancarias das instalacións da USC. Non queremos oficinas nin caixeiros do Santander nas nosas facultades!
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira