Erguer celebra a retirada do cargo de “integración en organización terrorista” ás procesadas na Operación Jaro I
Erguer celebra a retirada do cargo de “integración en organización terrorista” ás nove persoas procesadas na Operación Jaro I. Unha nova vitoria da solidariedade antirrepresiva, que demostra —como xa acontecera coa fin da ilegalización de Causa Galiza— que a resposta do movemento popular é capaz de obrigar ao Estado español a dar marcha atrás nos seus plans reaccionarios.
Porén, esiximos o arquivo definitivo da causa. A Audiencia Nacional española —tribunal fascista herdeiro do Tribunal de Orde Pública franquista— non ten lexitimidade para xulgar a nengunha militante independentista galega, e moito menos a 12 persoas ás que nom se lles atribúe nin unha soa acción violenta e cuxa actividade política sempre respetou a legalidade española.
Mostramos a nosa preocupación polo mantemento do cargo de “enaltecemento do terrorismo”, “delito” amplamente utilizado polo Réxime español para criminalizar todo tipo de disidencia e que impide o exercicio do dereito á liberdade de expresión.
Aliás, denunciamos a excesiva duración do proceso, prolongado artificialmente co obxectivo de procurar a inestabilidade vital das procesadas e ameazar ao movemento independentista galego con novas detencións.
Transmitimos a nosa solidariedade ás procesadas, denunciando a manipulación mediática que acompañou estas detencións e proceso.
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira