Erguer, co estudantado catalán
Erguer saúda ao estudantado catalán, que hoxe vai á folga baixo o lema “1-O. Ni oblit, ni perdó! Construïm la República”, e ás organizacións Universitats per la República e SEPC (Sindicat de Estudiants del Països Catalans).
Manifestamos a nosa solidariedade co pobo catalán, desexando a pronta implementación da República catalá. Unha vez máis, denunciamos e condenamos o carácter antidemocrático do Estado español, cárcere de pobos.
Esiximos a inmediata posta en liberdade das presas independentistas catalás, que as exiliadas poidan volver ao seu país e o fin da represión contra o arredismo —tamén da exercida polos Mossos d’Esquadra—, así como a saída das forzas de ocupación.
Visca la República catalana!
Visca els Països Catalans lliures!
Solidariedade nas facultades da USC
Hoxe, aniversario do referendo do 1-O, as compañeiras da USC colocarom faixas e lazos solidarios en diferentes facultades.
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira