Erguer fai un chamamento á participación na cadea humana pola liberdade das presas independentistas galegas
Erguer fai un chamamento ao estudantado, e ao pobo traballador galego en xeral, á participación na cadea humana pola liberdade das presas independentistas galegas, que terá lugar en Compostela o mércores 24 de xullo —véspera do Día da Patria—. Convocada por Ceivar, a mobilización partirá da praza de Galiza ás 18:30.
Unha vez máis, Erguer esixe a inmediata posta en liberdade das presas independentistas galegas, secuestradas polo Estado español por loitar consecuentemente pola liberación nacional e social de Galiza. Reclamamos, tamén, a amnistía das represaliadas políticas, a fin da represión contra o independentismo galego, o arquivo da Operación Jaro, a retirada de Galiza das forzas de ocupación españolas e a derrogación de toda a lexislación represiva española.

Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira