ERGUER. Primeira forza organizada no claustro da UVigo
Un reto para voltar á mobilización
A inicios do 2022 comezábamos a traballar nas Eleccións ao Claustro da Universidade de Vigo. Asumindo os seguintes cometidos: ampliar a participación, marcar unha clara liña combativa e defender os valores polos que existimos desde a autoorganización das estudantes, non só dentro dos órganos universitarios.
Partindo dun contexto no que nas anteriores eleccións, o 50% dos postos de estudantes no claustro ficaron baleiros, entendíamos que a nosa organización debía servir como motor dunha candidatura amplia, que buscase reverter esta participación.
Primeira forza, mais só un comezo
Vimos de coñecer os seus resultados: colocando a Erguer con 13 claustrais, distribuídos ao longo dos 3 Campus e representando o 42% dos claustrais organizados.
Queremos agradecer a todas as compañeiras que depositaron a súa confianza en nós e no noso proxecto. Non vos fallaremos.
No que respecta á ampliación da participación, o número de postos valeiros reduciuse de 37 a 12, mais elexindo menos representantes que no anterior comício. A mellora é clara, fronte ao 50% de postos valeiros, restan o que serían o 16%. Con todo, non entendemos isto como unha victoria, pois calquera posibilidade de participación non aproveitada segue sendo unha derrota.
Resultados sen activismo, de nada vale
Valoramos positivamente o efecto electoral, non só polos resultados. Unha organización estudantil voltou protagonizar o traballo a pé de aula, desde a base, creando a única e alternativa real: o activismo e traballo solidario entre compañeiras. A base sobre a construír calquera mellora, e a chave para as conquistas que debuxamos no noso ensino.
Con todo, os valores de participación das estudantes, de 4,75% son preocupantes, e recórdannos todo o traballo que nos queda por facer.
Estes dias, partillamos opinións, momentos e ideas entre estudantes, realizando traballo electoral e tendo presenza en todas as facultades. E seguimos adiante a pesar das presións que recibimos desde o primeiro momento.
Consideramos que foi un moi bo comezo. Pois iso representa para nós este proceso: as primeiras pedras para chegar a cada aula e a cada problemática.
Tal como dixemos, onte votamos, hoxe, loitamos.
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira