Erguer reclama a liberación das militantes independentistas galegas detidas
Erguer transmite a súa solidariedade ás catro militantes independentistas galegas detidas durante esta fin de semana baixo a legislación “antiterrorista”, reclamando a súa posta en liberdade.
Denunciamos a falta de dereitos e de garantías que esta legislación supón. As detidas están incomunicadas e nin sequera teñen dereito a umha avogada. Así, manifestamos a nosa preocupación polo feito de que podan estar a ser torturadas.
Queremos salientar que as arrestadas som persoas boas e xenerosas, comprometidas co pobo galego e coa loita por unha Galiza ceibe.
Unha vez máis, esiximos a inmediata posta en liberdade dos presos independentistas galegos, a amnistía de todas as represaliadas políticas, o arquivo da Operación Jaro (I e II), a fin da represión contra o independentismo galego —sometido a un estado de excepción permanente durante os últimos 40 anos—, a derrogación de toda a lexislación represiva e antidemocrática española e o feche da Audiencia Nacional —tribunal de excepción herdeiro do Tribunal de Orde Pública franquista—, e a retirada de Galiza das forzas de ocupación españolas.
Por último, facemos un chamamento á participación nas concentracións solidarias convocadas por Ceivar, que terán lugar hoxe, luns 17 de xuño, ás 20:30, en diferentes cidades e vilas do país:
- Burela: praza do Concello.
- Compostela: praza do Pan (Cervantes).
- Ferrol: praza de Amada García.
- Lugo: praza Maior.
- Ourense: praza do Ferro.
- Pontevedra: praza da Peregrina.
- Vigo: Marco.
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira