Erguer rexeita a presenza na USC dunha exposición do Exército español
Erguer rexeita a presenza na USC da exposición “O legado científico das Forzas Armadas en Galiza e dos galegos pertencentes ás Forzas Armadas”. Inaugurada onte, 10 de outubro, permanecerá no Claustro Alto do Colexio de Fonseca ata o día 30. Anteriormente, expuxérase no Liceo Casino de Pontevedra e no Museo Militar da Coruña.
É intolerábel que as instalacións dunha universidade pública galega sirvan para facer apoloxía das opresivas Forzas Armadas españolas, cuxos únicos cometidos son —e foron sempre— impedir a autodeterminación e a independencia das diferentes nacións que aínda compomos ese cárcere de pobos que é o Estado español, e defender intereses capitalistas en guerras imperialistas.
Aliás, esta exposición normaliza a presenza na Universidade compostelá do nacionalismo espanhol, de carácter supremacista, e presenta como dignos de loanza a quen traizoaron ao pobo galego.
Unha vez máis, esiximos a saída inmediata de Galiza das forzas de ocupación españolas.
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira