Este 24 de xullo saímos ás rúas!
Ante a españolización do noso ensino que nos reduce cada vez máis as horas lectivas en galego, ante o elitismo cada vez máis forte que procura que só as clases sociais privilexiadas poidan acceder ás ensinanzas superiores, ante o modelo capitalista que nos fai competidoras coas nosas compañeiras por unha praza na universidade e ante a imposición da relixión católica nas aulas
Dende Erguer. Estudantes da Galiza facemos un chamamento á mocidade independentista, outro ano máis, para saír ás rúas este 24 de xullo ás 20h na Alameda en Compostela. Loitemos por unha Galiza ceibe onde teñamos un ensino de noso. Un ensino público, galego, laico e antipatriarcal.
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira