Este 8 de marzo as mozas galegas paramos as aulas!
Este 8 de marzo, dende Erguer. Estudantes da Galiza secundamos a folga de mulleres que se realizará de forma internacional e en todos ámbitos (laboral, coidados, consumo, estudantil…).
O noso sistema educativo está estruturado de forma que, como alumnas, sufrimos a discriminación froito da existencia dunha sociedade patriarcal, que se reflicte, entre outros ámbitos, no ensino. Silencian ás mulleres que deixaron pegada na historia, provocando que sexan esquecidas, ademais de tratar a nosa sexualidade como tema tabú. A falta de educación feminista provoca que as agresións machistas no eido estudantil, por parte de alumnos e profesores, nin se castiguen nin se cuestionen, reproducindo desta forma a opresión cara as mulleres.
Non podemos permitir que este 8 de marzo fique no esquecemento, sóbrannos motivos. Queremos un ensino que nos eduque en igualdade. Un ensino feminista que non faga distincións de xénero. Un ensino no que estudemos a todas esas mulleres esquecidas. Un ensino onde non se reproduzan nin se permitan condutas patriarcais.
Por todo isto, chamamos a todas as mulleres a participar nesta folga feminista do 8 de marzo, secundando os paróns da CIG de 12h a 14h, e de 19:30h a 21:30h. Este 8 de marzo as mozas galegas paramos as aulas!
Se tes algún problema para secundar a folga, contacta connosco polas nosas redes sociais, enviándonos o teu correo e achegarémosche un xustificante!
Aquí tes a información das diferentes mobilizacións da CIG pola mañá http://www.cig.gal/nova/id-8-de-marzo-mulleres-en-folga.html
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira