FÓRA OTAN DA UNIVERSIDADE!
O pasado mércores a USC comunicaba ás estudantes a realización dunha conferencia financiada polo goberno dos EEUU que pretende facer propaganda da OTAN e dos seus valores bélicos e imperialistas.
Dita conferencia enmárcase no programa “Defensa y Yo” que ofrece como premio unha viaxe ao cuartel xeral da OTAN, e conta agora coa colaboración da USC a través do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG). Un centro mixto no que participa a USC, con destacada presencia de membros do PP, e cuxo obxectivo é promover a “cultura da seguridade”, segundo parece, a través de valores bélicos e o militarismo.
Dende ERGUER. Estudantes da Galiza, como organización internacionalista e comprometida coa paz mundial, rexeitamos a presenza de propagandistas da OTAN na universidade e denunciamos o papel cómplice da USC.
O rol agresivo e imperialista que está a xogar a OTAN, a sinatura de pactos militares e un maior gasto militar, os tratados coas empresas de armas, o aumento de bases militares e o continúo fomento desta maquinaria bélica non son o camiño para un mundo en paz e liberdade.
A universidade non debe ser altofalante de quen promove as armas como solución aos conflitos e fomenta a guerra, nin branquear o papel marcadamente agresivo que ten a OTAN, así como o rol que cumpre no avance do imperialismo en todo o mundo.
Chamamos ao estudantado galego a concentrarse diante da Facultade de Dereito o vindeiro luns día 18, ás 16:30h, para rexeitar a propaganda e branqueamento da OTAN e a súa presenza na universidade pública.
FÓRA OTAN DA UNIVERSIDADE!
Boa resposta !!! Así se fai !