I xornada de formación Aprender para Vencer

O vindeiro venres 22 de xullo, Erguer Estudantes da Galiza organizamos na Gentalha do Pichel en Compostela a nosa primeira xornada de formación.

Contaremos con dúas palestras. A primeira, ás 17:30 sobre a historia do movemento estudantil galego (ERGA, CAF, EI e FER). Ás 19:30, continuaremos coa segunda palestra, o movemento estudantil e sistema educativo en Latinoamerica (Brasil, Venezuela e México).

Para rematar, ás 22h teremos unha cea e foliada.

A cea terá un prezo de 8€. Se queres máis información ou anotarte para cear, enche o formulario de contacto premendo aquí.

Contamos contigo!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará