Información da xuntanza co reitorado da Uvigo

   Recibimos diariamente dúbidas e problemas que nos achegan as estudantes, derivadas da situación de excepcionalidade que supón o Covid-19. Dende Erguer estamos traballando para que o estudantado non se vexa prexudicado, para o cal estamos recollendo todas as problemáticas que nos comunicades e mantemos o contacto con diferentes organismos educativos. Tanto para demandar máis información como para trasladar as diferentes problemáticas que detectamos e procurar entre todas darlles solución canto antes.

           
 Recibimos diariamente dúbidas e problemas que nos achegan as estudantes, derivadas da situación de excepcionalidade que supón o Covid-19. Dende Erguer estamos traballando para que o estudantado non se vexa prexudicado, para o cal estamos recollendo todas as problemáticas que nos comunicades e mantemos o contacto con diferentes organismos educativos. Tanto para demandar máis información como para trasladar as diferentes problemáticas que detectamos e procurar entre todas darlles solución canto antes.   O pasado venres mantivemos unha primeira xuntanza telemática co reitorado da Uvigo, co fin de trasladarlle de primeira man información, achegar a nosa visión na solución das problemáticas que estamos a sufrir e actuar como canle informativa e muro de contención dos dereitos do estudantado.

Nesta primeira xuntanza trasladámoslle as seguintes cuestións:

1.   Necesidade do contacto inmediato dos profesorado co alumnado no caso de non se ter realizado. Clarificación e cumprimento dos horarios por parte dos centros que permita que as estudantes poidan organizarse para unha forma de docencia nova e que conleva mais traballo autónomo con menos medios.

2.   Modificación das formas de avaliación consultada e de ser posíbel coordinada coas estudantes, atendendo aos novos traballos existentes nas restantes materias.

3.   Adaptación nos casos individuais en que a fenda tecnolóxica impida un seguimento normal da docencia ou de provas avaliativas, buscando unha solución viable e pactada.

4.   Garantir que a modificación -ou non- do calendario académico non condicione o acceso a graos de estudantes que realizan a abau ou a mestrados de estudantes que rematan o grao.

5.   Garantir unha adaptación dos prazos de lectura e presentación dos TFGs e TFMs, adaptados á dificuldade que supón o acceso á bibliografia, a realización de ensaios, ou a imposibilidade de finalizar as prácticas externas. Buscar que a solución permita diversas posibilidades que se adapten ás diversas situacións nas que se encontren as estudantes, podendo optar estas polas que menos condicionen a súa actividade académica.

6.   Continuar tendo reunións para contrastar as medidas tomadas, continuar coas redes informativas e trasladar novas problemáticas.

Vemos que o contacto que mantemos coas institucións faise imprescindíble neste momentos e que grazas á organización do estudantado moitas dos problemas que detectamos comezan a solucionarse. Algunhas das cuestións que trasladamos á UVigo veñen resoltas nas instruccións que se publicaron hoxe relativas á docencia durante este período. Aquí podes consultar máis información:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-03/Instrucion_actividade_docente_covid19.pdf

Continuaremos traballando na resolución de todas problemáticas e demandando maior información. Podedes trasladarnos máis dúbidas ou queixas a través do noso formulario (https://forms.gle/FXHM6XEApHNLSrHz5). Procuraremos darlles solución se está na nosa man ou trasladándoas aos organismos competentes.

Organizadas somos máis fortes!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará