

RACHAR COA PAU, RACHAR CO SISTEMA
Tódolos anos, milleiros de estudantes galegas enfróntanse ás Probas de Acceso á Universidade. Unhas xornadas antipedagóxicas, elitistas e deshumanizadoras, que ca suposta fin de avaliar obxectivamente rematan por levar ó límite o estudantado popular e por favorecer o ensino privado…

Non estudamos para encher as súas trincheiras
O vindeiro sábado 30 de maio é día de San Fernando, estatalmente celebrado como o Día das Forzas armadas, data na que o exército exhibe o seu músculo, facendo alarde do que o españolismo denomina “espírito nacional”. Este 2026, esta…

COMUNICADO FRONTE A AGRESIÓN HOMÓFOBA EN COMPOSTELA
Como berramos o pasado 29 de marzo, “respectade a existencia ou esperade resistencia”. Onte vimos como na nosa cidade se deu unha nova agresión homófoba. Non é un caso illado. É o resultado da normalización do odio que o fascismo…

17M: 100% EN GALEGO
Neste día das Letras Galegas, Erguer. Estudantes da Galiza reclama a total normalización lingüística para realizarmos todas as actividades da nosa vida social, administrativa e, especialmente, estudantil e académica, na nosa lingua. Cómpre protexermos o galego, xa que a nosa…

COMUNICADO: POR UN ENSINO LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS
Ante as declaracións de cinco alumnas da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo, ERGUER condena o acoso sexual por parte dun docente que aínda está a impartir aulas cando un expediente da Universidade de Vigo demostrou que se trata…

Solidariedade co movemento estudantil da Turquía
Erguer. Estudantes da Galiza transmite a súa solidariedade internacionalista coas estudantes de Turquía tras seren represaliadas brutalmente pola policía do seu país, en especial expresamos a nosa solidariedade e lamento con İlayda, compañeira de Turquía recentemente asasinada. Mandamos o noso…

ELECCIÓNS A CLAUSTRO E REITORÍA NA UNIVERSIDADE DE VIGO 2026
O próximo 6 de maio celébranse as eleccións a Claustro e Reitoría da Universidade de Vigo e Erguer. Estudantes da Galiza chama ao estudantado da UVigo a decidir que futuro quere. Que non decidan por nós Só as estudantes organizadas…

Onde me mobilizo o 15A?
O vindeiro 15 de Abril, no marco da xornada de folga que mobilizará as estudantes galegas para defender o ensino público fronte a ameaza da privatizacion, convocamos mobilizacións en todas as cidades do país.Consideramos unha necesidade fundamental facermos da folga…

Este 15 de Abril, folga estudantil contra a privatización do ensino galego!
As estudantes organizadas en Erguer. Estudantes da Galiza levamos anos denunciando a privatización planificada e estratéxica do noso ensino ao servizo dos intereses do capital. Unha privatización que recentemente se acelerou e adoptou unha postura moito máis agresiva e descuberta,…

Da memoria obreira á folga estudantil
Hoxe, 10 de marzo, reivindicamos o Día da Clase Obreira Galega lembrando os asasinatos de Amador Rei e Daniel Niebla no ano 1972 a mans da policía franquista. Dous obreiros sindicalistas que loitaban pola mellora das súas condicións de vida…

COMUNICADO O IMPERIALISMO É O INIMIGO DOS POBOS
Hoxe voltamos a ser testemuñas dunha agresión imperialista dos Estados Unidos de América. Esta vez, ca República Islámica do Irán como obxectivo. Os EUA e o estado ilexítimo de Israel realizaron unha serie de ataques inxustificados, bombardeando localizacións chave nun…

Comunicado Ataques contra a nosa lingua
Esta mañá, un rapaz e unha rapaza españois agrediron verbal e fisicamente a dúas persoas novas por falar en galego. Os atacantes, que estudan na universidade, increparon e berraron varios insultos ás mozas. Para cando elas intentaron defenderse, os agresores…

COMUNICADO FÓRA MILITARISMO DAS NOSAS AULAS
No día de onte, parte das estudantes de Farmacia tiveron que asistir, case de xeito obrigatorio, a unha palestra impartida polas forzas armadas do Estado baixo o título “Sanidade militar como oportunidade de saída laboral”. ERGUER. Estudantes da Galiza…

Elixo Erguer á USC
O próximo 12 de febreiro celébranse as eleccións a Xuntas de Facultade e Claustro da Universidade de Santiago de Compostela. As estudantes organizadas en Erguer encaramos isto da única forma posíbel: buscando un novo modelo de Universidade. Condensar todas as…

Comunicado Mestrado Educación
Alongar o Mestrado de Educación a dous anos é unha ameaza ao noso sistema de ensino público. A proposta, que vén da Conferencia de Decanos de Educación -organismo estatal – non se axusta nin ás necesidades que o ensino galego…

Solidariedade internacional coa Venezuela
O imperialismo estadounidense volve cargar contra o pobo venezolano. Baixo a máscara de salvación e “democracia”, os EUA continúan oprimindo a soberanía dos pobos. Esta noite vimos a máxima expresión do imperialismo, os Estados Unidos realizaban un ataque coordinado na…

Boicote ao Españolismo
O pasado venres 12 estaba prevista unha charla-coloquio na Facultade de Dereito da USC, impartida por diversas personalidades vencelladas a idearios reaccionarios e organizada pola propia USC, ca colaboración de Junta Democrática. Erguer, xunto con outras moitas estudantes, estivemos presentes…

Prívannos dun futuro!
Dende Erguer.Estudantes da Galiza levamos anos loitando e reclamando un ensino galego popular, de calidade, democrático, científico, feminista e igualitario. Un modelo de ensino pensado e adaptado ás necesidades do noso país, moderno e preparado para que as estudantes, como…
O porqué das cousas. Volume 2
Este caderno formativo constitúe a segunda entrega dos cadernos formativos “Oporqué das cousas”, editados pola organización estudantil Erguer. Estudantes daGaliza. Neste volume, de 4 artigos, debúllase a forma que temos de organizarnos coasemblearismo no centro e as diferentes responsabilidades que…

Somos estudantes e a súa loita non é nosa
Somos estudantes e a súa loita non é nosa. Así podería posicionarse calquera rapaza se pensar
nas mobilizacións e queixas do profesorado destes últimos meses. Mais eu pregúntome, Isto
debería ser así? A loita do profesorado é realmente allea á nosa?

Tamén no ensino, paremos o xenocidio!
No día de onte, 30 de setembro de 2025, foron convocados paros laborais para o día 15 en toda a nación pola defensa do pobo palestino e a fin do xenocidio. As estudantes de Galiza debemos de dar un paso…

As estudantes galegas contra o xenocidio en Palestina
O 7 de outubro de 2025 fará dous anos dende que comezou a máis recente ofensiva do imperialismo americano-sionista sobre o pobo palestino. Foron asasinadas xa máis de 60.000 persoas, 20.000 das cales nenas e nenos. O estado xenocida de…

As estudantes galegas no Día da Patria
Un breve repaso Hai algo máis de 50 anos nun día coma hoxe, o nacionalismo galego volvía ocupar as rúas de Compostela para celebrar o Día da Patria Galega. Recuperar esta data tan significativa para o noso pobo requiriu duras…
O porqué das cousas. Volume 1
Este caderno é o primeiro da liña de cadernos formativos “O porqué das cousas”,editado pola organización estudantil Erguer. Estudantes da Galiza. A través delbuscamos adentrarnos nas organizacións estudantís, reflexionando sobre a nosarazón de ser, a realidade na que actuamos e…

PAU 2025. Somos máis que un número!
Esta semana, milleiros de estudantes enfróntanse ás Probas de Acceso á Universidade, coñecidas como PAU. Isto supón que, como cada ano, o estudantado arriscará o seu futuro ante unha serie de exames que non deixan de reflectir un modelo educativo…

FOLGA POLA VIVENDA 9/04/2025
O modelo organizativo de Erguer: notas a partir do 9A O día 9 de abril decorreu unha xornada de folga estudantil nacional polo dereito á vivenda, en que Erguer participou como organización convocante. Tratouse da primeira folga multilateral en sete…

QUE NON NOS ROUBEN A LINGUA!
O galego na Galiza de 2025 O estado de saúde do galego é crítico e a ruptura da transmisión xeracional nas últimas décadas avanzou a grande velocidade. A constatación da realidade lingüística actual non debe, con todo, levarnos á desmotivación…
