Laureano Oubiña e SFL fóra da USC!

Erguer manifesta a súa total oposición á presenza de Laureano Oubiña na USC, que non pode ser tolerada. A organización liberal SFL (Students for Liberty) organizara unha “entrevista-coloquio” co (ex)narcotraficante, que tería lugar este xoves, 4 de outubro, na Facultade de Dereito, se ben finalmente foi cancelada por “problemas alleos” a SFL.

É innegábel que o narcotráfico é un aliado do Estado español e, polo tanto, do sistema capitalista. Esta “industria”, controlada polo Estado, seda á mocidade, anulando a súa combatividade, e destroza millares de familias. Sen ir máis lonxe, o propio Oubiña —que se ten gabado de financiar ao PP— recoñecía nunha recente entrevista que “sen a colaboración das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, non se podería ter feito o que se fixo”.

En canto a SFL, o liberalismo é unha ideoloxía —é dicir, unha representación dos intereses dunha clase social— que concebe o Estado como un instrumento ao servizo do interese privado. É dicir, defenden a perpetuación da opresión que padecemos as estudantes fillas da clase obreira por parte do capitalismo. Neste senso, lembramos que un dos principais motivos polos que a mocidade, e o pobo en geral, consome drogas, é evadirse da realidade á que nos condena o capitalismo.

Tanto o narcotráfico como o liberalismo son inimigos do estudantado galego, e en Erguer traballaremos incansábelmente por desterralos da universidade. Nen Oubiña nen grupos como SFL teñen cabida nas nosas aulas.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará