Loitando dende as aulas por un futuro feminista

Un ano maís achegase o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora e desde Erguer. Estudantes da Galiza,presentamos a nosa campaña: ‘’Loitando dende as aulas por un futuro feminista’’. Coa que facemos un chamametno a todas as estudantes a mobilizarse contra un sistema patriarcal que nos afecta tanto nas aulas como fóra delas.

As estudantes seguimos vendo como polo feito de ser mulleres temos que aturar o acoso machista de profesores e compañeiros, así como a discriminación sistémica que nos pon barreiras e teitos á hora de cursas detereminadas carreiras ou ascender no ámbito académico, pero tamén no laboral. Ao rematar de estudar on accedemos a un traballo en igualdade de condicións que os homes: salarios máis baixos, sufrimos moitas máis situacións de acoso e temos un menor recoñecemento e acceso a postos de poder. Ademais de seguir mantendo os coidados no ámbito social e familiar.

Sabemos que o patriarcado comeza na educación: continuamos invisibilizadas nos libros de historia, non temos educación en igualdade nin sexo-afectiva e non se aplica a perspectiva de xénero de maneira trasversal nos currículos educativos.

Por todo isto e máis, con esta campaña estaremos percorrendo os centros de ensino do país, realizando coladas, repartos e palestras. Informando e animando ao alumando a sumarse á loita feminista e mobilizarse este 8M contra as actitudes machistas e contra un sistema patrialcal que nos afecta en tódolos ámbitos da nosa vida.

Animamos ás estudantes de todo o país a secundar os paros que tendrán lugar entre as 11 e a 1 do mediodía para que participen nas mobilizacións convocados pola mañá e pola tarde deste 8 de Marzo. Dende Erguer.Estudantes da Galiza, témolo claro: a loita nas aulas será chave para ter un futuro feminista!

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará