Luciano Méndez,fóra das nosas aulas!

Dende Erguer. Estudantes da Galiza, queremos mostrar a nosa firme oposición a que o profesor Luciano Méndez volva ás aulas da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Se ben comprendemos que é unha situación complexa para a Universidade, é inaceptable que unha persoa abertamente misóxina e que conta cun longo historial de actitudes machistas nas aulas poida traballar nelas.

Non podemos permitir que a violencia machista teña cabida nas aulas. Non queremos ter medo. Medo a ter unha titoría co profesor, medo a vestir libremente, medo a sentar adiante, medo de ir á facultade onde se estuda… Xustamente o mesmo que sentían as alumnas deste profesor. A universidade debe ser un espazo seguro.

Precisamos de mecanismos para que persoas como Luciano Méndez, que reinciden nas súas actitudes machistas e non corrixen as súas accións, non traballen no ensino público. Se queremos erradicar o machismo, debemos erradicar das aulas a aqueles que o exercen e o perpetúan.

Por todo isto, dende Erguer.Estudantes da Galiza, chamamos ao seu alumnado a non asistir ás súas clases de maneira indefinida e ata que se as tomen medidas xustas e pertinentes. Da mesma maneira, chamamos a todo o estudando da USC a concentrarse en contra da presencia deste “profesor” na universidade o vindeiro mércores ás 16:30h diante da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará