Manifesto conxunto polo dia da Clase Obreira Galega
Na véspera do 47 aniversario do 10 de Marzo do 1972 dende as organizacións xuvenís e estudantil nacionalistas e independentistas da Galiza queremos lembrar os feitos que conmemoramos todos os anos coma o Día da Clase Obreira Galega.
A mocidade nacionalista e independentista consideramos fundamental lembrar o fito fundacional do sindicalismo galego de clase. As folgas obreiras de 1972 en Ferrol e Vigo, cidades nas que a industria comezara a implantarse na década anterior supuxeron un punto de inflexión para a creación dun sindicalismo galego combativo e consciente da nosa realidade nacional e ao mesmo tempo un momento central na loita antifranquista na Galiza, que foi duramente reprimida co asasinato de Amador e Daniel, os obreiros sindicalistas da factoría de Bazán en Ferrol.
As mozas galegas de clase traballadora atopámonos na altura do 10 de marzo do 2019 nunha situación de extrema precariedade e con nulas perspectivas de futuro. Os salarios miserentos, a elevadísima taxa de desemprego xuvenil e en moitos casos a obriga de abandonar o noso
país para poder vivir dignamente son os instrumentos que empregan o grande capital español e transnacional para seguir a aproveitarse do noso traballo, gañando cada vez máis a costa de que nos vivamos peor.
A solución para rachar coa miseria está na nosa man, neste 10 de marzo chamamos a practicar a insubmisión ás políticas reaccionarias e neoliberais impostas polo estado español, a UE e o capital. Somos conscientes de que tanto o rol de dependencia ao que nos condena o estado español, coma o propio funcionamento do sistema capitalista fan imposíbel rachar con esas
políticas e é por iso que chamamos a loitar pola independencia da Galiza e a rachar co capitalismo para que as mozas galegas poidamos ter unhas condicións de vida dignas, con emprego digno e na terra.
Ao mesmo tempo chamamos a participar das mobilizacións convocadas para mañá 10 de marzo pola Confederación Intersindical Galega a nivel comarcal, convencidas de que a resposta aos ataques do capital cara a clase traballadora galega só pode darse a través da mobilización e o conflito encadrados nunha estratexia revolucionaria no camiño dunha Galiza
ceibe e sen explotación.
Desde Erguer. Estudantes da Galiza chamamos ao estudantado galego a mobilizarse nas convocatórias feitas pola CIG:
· Vigo: Manifestación desde a Dobrada ás 12h
· Pontevedra: Praza da Peregrina, 12h
· Vilagarcía: Praza de Galiza, 12h
· Compostela: Praza Roxa, 11:30h
· A Coruña: Manifestación desde a Praza de Vigo ás 12h
· Ferrol: Manifestación desde o Monumento ao 10 de marzo ás 12h
· Lugo: Manifestación desde o Edificio Sindical ás 12h
· Ourense: Praza do Ferro, 11:30h
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira