Mobilizándonos vencemos!
Semanas atrás o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES A Xunqueira II de Pontevedra organizaba un parón nas aulas para protestar ante unha oferta de matrícula inxusta, que limitaba tremendamente a escolla de materias. Despois dunha recollida de sinaturas, de baleirar as aulas, organizar asembleas e reunirnos coa dirección conseguimos que se escoitara a voz das estudantes. Hoxe sabemos que a matrícula vai ser modificada dacordo ás reivindicacións realizadas.
Mobilizándonos vencemos!
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira