Mudanzas nas bolsas MEC 2022-2023: todo o que as estudantes precisamos saber.

A convocatoria de axudas ao estudo para o curso 2022-2023 presenta nesta edición unha serie de novidades. Con todo, a máis importante é o adianto do prazo de solicitude, catro meses. Con isto, a apertura da convocatoria terá lugar o próximo 30 de marzo e fechará o 12 de maio.

O Ministerio de Educacion do goberno español xustifica que este adianto resposta a cuestións como que o alumnado saiba con antelación se cumpre ou non con requisitos económicos antes de saber que vai estudar.

Poderán solicitar estas bolsas as estudantes que pensen cursar ensinanzas postobrigatorias ou superiores tanto universitarias como non.

Outras mudanzas substanciáis relativas a esta nova convocatoria de axudas son:

  • As modificación dos requisitos académicos para que a nota de acceso a estas axudas sexa dun aprobado.
  • Elevación do umbral 1 da renta.
  • Incremento das cuantías fixas en 100 euros e a da beca básica de FP básica en 50 euros.

E que sucede no caso de que non saiba aínda nin onde nin que vou estudar?

As estudantes deberemos solicitar igualmente a bolsa dentro de este prazo aínda que non saibamos o que imos estudar ou incluso se imos estudar ou non.

Polas datas de apertura da convocatoria desde Erguer. Estudantes da Galiza entendemos que pode supor un problema para a socialización da mesma. Por tanto, chamamos a todo o estudantado a compartir esta publicación e a informar ás compañeiras e amigas das novas mudanzas.

No caso de que precisares máis información deixamos aquí unhas ligazóns ás páxinas do ministerio para:

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará