Nin indiferentes nin caladas: as estudantes rachando cos estereotipos

Un éxito e un primeiro paso para lograr un maior activismo e implicación

Nos últimos anos tense trasladado a imaxe nunhas novas xeracións de estudantes caladas e indiferentes ao que lles rodea. Os pasados días 17 e 18 de novembro esta idea viuse totalmente negada baixo dúas folgas convocadas en solitario pola nosa organización. 

O 17 de novembro no marco dunha folga xeral na Mariña a totalidade das estudantes secundaron a folga e mobilizáronse polo futuro da súa comarca. 

En Ourense, o día 18, baixo a plataforma S.O.S Ourense, as estudantes voltaron a ser protagonistas nas folgas e mobilizacións para reclamar un cambio en Ourense. 

Demostrouse algo que xa se sabía errado: nin indiferentes nin caladas

A pesar do que se da por sentado, as voces das estudantes confrontaron por veces as distintas direccións para exercer o seu dereito a folga, demostrando algo que xa se sabía errado: nin indiferentes nin caladas. 

Desde Erguer valoramos como un éxito estas xornadas de mobilizacións e entendémolas non coma un fin senon como un primeiro paso para lograr un maior activismo e implicación que permita resolver tanto problemáticas concretas nos centros de ensino como a loita no camiño dun ensino galego, público, laico, científico e antipatriarcal

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará