Non ao cese da ESO no CPI da Ribeira de Porriño

Desde Erguer vimos de coñecer a noticia do cese do impartimento da ESO no CPI da Ribeira de Porriño por parte da Consellaría de Educación. Esta decisión vai na mesma liña de non ter en conta a situación vivida no día a día dos centros de ensino e guiarse apenas por cifras en papel e non pola realidade das aulas, e é que as estudantes e a ANPA aseguran que o traslado da ESO ao IES Ribeira do Louro derivará nun colapso das aulas e do centro, así como da perda de parte do profesorado non permanente. Perante isto, tanto profesorado e estudantado como as ANPAs realizan unha recollida de sinaturas e convocan para este xoves 22 de xuño ás 20:30 unha mobilización que partirá da Avenida Bos Aires. Erguer entende que o ensino debe ser de calidade, con prazas suficientes e pensado para as clases populares, atendendo ás particularidades de cada localidade e á escolarización do alumnado na entorna máis próxima posíbel, polo tanto participaremos desta mobilización e animamos a apoiala.

COMPARTIR/PARTILHARShare on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on google
Google

Aínda non hai comentarios

Por que non ser a primeira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará