Non ao novo plan de zonificación escolar de VIGO!
Máis unha vez vemos como se tenta atacar o ensino público, desta vez, cun novo plan de zonificación para a cidade de Vigo. Desde Erguer. Estudantes da Galiza rexeitamos a imposición da zonificación escolar que a Inspección Educativa da Xunta da Galiza en mans do Partido Popular remitiu en decembro de 2017 para que o Concello de Vigo reduza de dez a catro a configuración das áreas escolares, o que supón unha redución das opcións de escolla de prazas no ensino público para as familias, fomentando a deriva cara o ensino privado na desesperada procura de prazas.
Eis un mapa de como ficaría a zona de Vigo coa nova proposta
Asinamos xunto a numerosos colectivos sindicais, educativos, políticos e veciñais (entre os que están a CIG Ensino e a FOANPAS) o rexeitamento a esta proposta, unha medida que precarizaría aínda máis o ensino público vigués.
Como FOANPAS expón no seu rexeitamento a esta zonificación escolar, esta proposta:
- limita a liberdade de elección de ensino para as familias, xa que non garante as posibilidades de elección de ensino público nalgunha das zonas establecidas.
- é incompatíbel co principio que a propria comisión define como determinante na elaboración do rascuño: achegar a periferia ao centro da cidade na procura dun equilibrino nos ratios escolares.
Esta sexta feira, 19 de xaneiro, ás 19:00 a FOANPAS convoca unha concentración na farola de Urzaiz para que todas poidamos amosar o noso rexeitamento amte esta nova proposta de zonificación.
Defende con nós o ensino público galego!
Aínda non hai comentarios
Por que non ser a primeira